[CP Teixeiro] Morre unha persoa presa sen recibir tratamento contra a Hepatite C. A culpa de quen é?

abordaxe

hepatitis-C-presos Recollemos de Esculca esta noticia que ven a confirmar a falla de ética das responsables do Sistema Sanitario e de Institución Penitenciarias ao respeito das persoas gravemente enfermas que seguen estando en prisión contravindo os direitos humanos e mesmo os convenios asinados polo estado español en materia de direitos:

A semana pasada, probabelmente na sexta-feira 8 de xaneiro, morreu na prisión de Teixeiro J.V.P., natural de A Coruña, por problemas hepáticos. O interno non recibira o tratamento para a hepatite C que padecía.

Como contamos noutra entrada hai uns dias a Fiscalía presentou denuncia contra o SERGAS por responsabilidades penais derivadas de non faciliar medicamentos a doentes que acaban falecendo.

Ver la entrada original

Anuncios